Grupo de música para vodas en Galicia

Música en directo para que a túa voda teña ese momento que todos lembran: cando a pista se enche e xa non se baleira. Quintas, pazos e restaurantes en toda Galicia.

A túa voda, con banda en directo

Un DJ pon cancións; unha banda víveas convosco. Con Sorcha tedes nove músicos no escenario —voz, guitarra, baixo, batería, dúas trompetas, dous saxos e trombón— e un repertorio que une xeracións: dos clásicos que bailan os avós ao regueton que piden os curmáns, pasando polos temas galegos que ninguén resiste sen cantar.

Preguntámosvos como sodes e que momento queredes animar: o cóctel, a entrada ao banquete, a festa despois da cea ou unha sorpresa para os convidados.

Voda de Xavi e Ana

Vodas reais

Celebración no Pazo A Fábrica

Como traballamos

  1. Escríbesnos coa data e o lugar (formulario ou WhatsApp).
  2. Confirmámosche a dispoñibilidade e preparamos o orzamento segundo duración, desprazamento e necesidades.
  3. Axustamos o show ao momento da voda e aos vosos gustos.
  4. O gran día chegamos, montamos e a gozar.

Dúbidas habituais nas vodas

Que música tocades?

Un show continuo duns 80 minutos sen pausas: clásicos de verbena e pop-rock español dos 80 e 90, grandes éxitos internacionais con metais, latino e regueton actual, temas galegos e folk-fusión, e un peche de pop-rock actual para rematar todos saltando. Música para todas as idades, con orgullo galego.

En que momento da voda tocades?

Normalmente no cóctel ou na festa despois do banquete, que é onde un show en directo luce máis. Decidímolo xuntos segundo o horario e a quinta.

Tocades en quintas e pazos?

Si, tocamos por exemplo na Finca Quintelina (Chantada) e no Pazo A Fábrica. Só precisamos espazo: levamos o noso propio xerador, así que non fai falta toma de corrente; se a quinta ten horarios ou límites de son, adaptámonos.

Desprazádesvos por toda Galicia?

Si. Tocamos nas catro provincias: últimamente estivemos en Muxía, Carral, Rianxo, O Barqueiro, Chantada, O Incio, Illa de Arousa, Arbo, Ourense ou Ribadavia, entre outros. Indícanos o concello e temos en conta o desprazamento no orzamento.

Con canta antelación hai que reservar?

Canto antes, mellor: as fins de semana de verán e as datas de festas patronais resérvanse con meses de antelación. Escríbenos coa túa data e dicímosche se está libre.

Casades? Contádenos a data

Cóntanos o tipo de evento, a data e o lugar. Enchelo leva menos de 30 segundos.

Ou directamente: 694 253 539 · Instagram · [email protected]