Para comisións de festas que queren a praza chea: un show continuo de verbena, éxitos actuais e temas galegos para todas as idades.
Sabemos o que custa organizar unhas festas. Por iso volo poñemos doado: trato directo, un orzamento claro e un concerto-show que funciona igual cos maiores que coa xente nova.
Un show continuo duns 80 minutos sen pausas: clásicos de verbena e pop-rock español dos 80 e 90, grandes éxitos internacionais con metais, latino e regueton actual, temas galegos e folk-fusión, e un peche de pop-rock actual para rematar todos saltando. Música para todas as idades, con orgullo galego.
As comisións adoitan pechar as actuacións entre febreiro e maio. Se xa tes a data, escríbenos canto antes.
Un show continuo duns 80 minutos sen pausas: clásicos de verbena e pop-rock español dos 80 e 90, grandes éxitos internacionais con metais, latino e regueton actual, temas galegos e folk-fusión, e un peche de pop-rock actual para rematar todos saltando. Música para todas as idades, con orgullo galego.
O show tipo dura uns 80 minutos seguidos, pero adaptámolo ao evento: un momento concreto da voda, unha sesión de verbena ou varios pases.
Somos 9 músicos (batería, baixo, guitarra, dúas trompetas, dous saxos, trombón e voz). Tocamos no noso propio carro móbil e levamos xerador, así que non precisamos toma de corrente, só un espazo onde colocarnos. Concretámolo contigo ao preparar o orzamento.
Si. Tocamos nas catro provincias: últimamente estivemos en Muxía, Carral, Rianxo, O Barqueiro, Chantada, O Incio, Illa de Arousa, Arbo, Ourense ou Ribadavia, entre outros. Indícanos o concello e temos en conta o desprazamento no orzamento.
Cóntanos o tipo de evento, a data e o lugar. Enchelo leva menos de 30 segundos.
Ou directamente: 694 253 539 · Instagram · contacto@sorcha.es