Música en directo para festivais e eventos

Escenario grande, público con ganas e unha banda que sabe quentar o ambiente. Así foi no Rock in Rian e así o levamos ao teu festival ou evento.

Unha banda que engancha dende o primeiro tema

Nun festival o público cambia de escenario en cuestión de segundos. O noso show está pensado para engancharlo: sen pausas, cunha selección que vai dos himnos de verbena ao pop-rock actual e con nove músicos no escenario.

Tamén tocamos en feiras, eventos populares e eventos de marca ou institucionais.

Rock in Rian · Rianxo

En directo

Festival de clásicos
Xogos Curruncheiros
Sorcha Showband na Feira Galicia sen Glute

Preguntas frecuentes

Que música tocades?

Un show continuo duns 80 minutos sen pausas: clásicos de verbena e pop-rock español dos 80 e 90, grandes éxitos internacionais con metais, latino e regueton actual, temas galegos e folk-fusión, e un peche de pop-rock actual para rematar todos saltando. Música para todas as idades, con orgullo galego.

Canto dura a actuación?

O show tipo dura uns 80 minutos seguidos, pero adaptámolo ao evento: un momento concreto da voda, unha sesión de verbena ou varios pases.

Que necesidades técnicas tedes?

Somos 9 músicos (batería, baixo, guitarra, dúas trompetas, dous saxos, trombón e voz). Tocamos no noso propio carro móbil e levamos xerador, así que non precisamos toma de corrente, só un espazo onde colocarnos. Concretámolo contigo ao preparar o orzamento.

Desprazádesvos por toda Galicia?

Si. Tocamos nas catro provincias: últimamente estivemos en Muxía, Carral, Rianxo, O Barqueiro, Chantada, O Incio, Illa de Arousa, Arbo, Ourense ou Ribadavia, entre outros. Indícanos o concello e temos en conta o desprazamento no orzamento.

Cóntanos o teu festival ou evento

Cóntanos o tipo de evento, a data e o lugar. Enchelo leva menos de 30 segundos.

Ou directamente: 694 253 539 · Instagram · contacto@sorcha.es