Non temos unha tarifa pechada porque cada evento é distinto. Explicámosche que inflúe no orzamento e en menos de 30 segundos podes pedir o teu.
Os sábados de verán e as datas de festas patronais son tempada alta.
Un momento concreto, o show completo duns 80 minutos ou varios pases.
Saímos de Ribadavia e tocamos en toda Galicia.
Se o lugar ten escenario e equipo ou hai que levalo.
Canto antes, mellor: as fins de semana de verán e as datas de festas patronais resérvanse con meses de antelación. Escríbenos coa túa data e dicímosche se está libre.
Somos 9 músicos (batería, baixo, guitarra, dúas trompetas, dous saxos, trombón e voz). Tocamos no noso propio carro móbil e levamos xerador, así que non precisamos toma de corrente, só un espazo onde colocarnos. Concretámolo contigo ao preparar o orzamento.
Si. Tocamos nas catro provincias: últimamente estivemos en Muxía, Carral, Rianxo, O Barqueiro, Chantada, O Incio, Illa de Arousa, Arbo, Ourense ou Ribadavia, entre outros. Indícanos o concello e temos en conta o desprazamento no orzamento.
Cóntanos o tipo de evento, a data e o lugar. Enchelo leva menos de 30 segundos.
Ou directamente: 694 253 539 · Instagram · [email protected]