Un aniversario redondo, unha cea de empresa diferente ou unha festa entre amigos nun pazo: levamos o show á túa celebración.
O noso vídeo máis visto é precisamente unha celebración privada: a festa de Óscar e Paula no Pazo A Fábrica. Así é unha festa con Sorcha: a banda arrinca e a celebración sobe de nivel.
Adaptamos a duración e o momento: unha sorpresa durante a cea, a festa completa ou a sobremesa dun evento de empresa.

Un show continuo duns 80 minutos sen pausas: clásicos de verbena e pop-rock español dos 80 e 90, grandes éxitos internacionais con metais, latino e regueton actual, temas galegos e folk-fusión, e un peche de pop-rock actual para rematar todos saltando. Música para todas as idades, con orgullo galego.
O show tipo dura uns 80 minutos seguidos, pero adaptámolo ao evento: un momento concreto da voda, unha sesión de verbena ou varios pases.
Somos 9 músicos (batería, baixo, guitarra, dúas trompetas, dous saxos, trombón e voz). Tocamos no noso propio carro móbil e levamos xerador, así que non precisamos toma de corrente, só un espazo onde colocarnos. Concretámolo contigo ao preparar o orzamento.
Canto antes, mellor: as fins de semana de verán e as datas de festas patronais resérvanse con meses de antelación. Escríbenos coa túa data e dicímosche se está libre.
Cóntanos o tipo de evento, a data e o lugar. Enchelo leva menos de 30 segundos.
Ou directamente: 694 253 539 · Instagram · contacto@sorcha.es