Unha viaxe duns 80 minutos sen pausas pola música que fai bailar Galicia.
O pop-rock español dos 80 e 90 que canta todo o mundo.
Grandes éxitos internacionais con metais que sempre enchen a pista.
O que soa agora, en versión banda.
Temas galegos e folk-fusión para corear en galego.
Pop-rock actual para rematar saltando.
A orde e a intensidade adáptanse ao público: non é o mesmo o cóctel dunha voda que a medianoite dunha verbena. Tes unha canción especial? Pregúntanos.
Batería, baixo eléctrico, guitarra, dúas trompetas, dous saxos, trombón e voz: nove músicos que levan 15 anos tocando xuntos.
Cóntanos o tipo de evento, a data e o lugar. Enchelo leva menos de 30 segundos.
Ou directamente: 694 253 539 · Instagram · [email protected]